Sinopsis de O TEATRO GALEGO CONTEMPORANEO 1936-1996
O teatro galego contemporáneo supón unha contribución ao coñecemento da literatura e das actividades dramáticas, desenvolvidas na Galiza entre 1936 e 1996. Ademais dunha aproximación ao estudo e análise dos grupos e textos desta complexa etapa da historia do teatro galego, Pedro P. Riobó ofrece aos investigadores deste ámbito plural de coñecemento un levantamento cronolóxico das obras, publicadas e estreadas, dos autores e mais das compañías do período en que se centra este volume.
Ficha técnica
Editorial: Universidade Da Coruña
ISBN: 9788495322302
Idioma: Gallego
Número de páginas: 248
Tiempo de lectura:
5h 52m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: A Coruña
Número: 9
Especificaciones del producto
Escrito por PEDRO P. RIOBO
Pedro P. Riobó (Moaña, 1959), tradutor, dramaturgo, investigador e poeta, publicou «as desfeitas do día» (2011). Profesor xubilado de secundaria das materias de Lingua Galega e Artes Escénicas e director de teatro amador e escolar, animou iniciativas como a Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador e a Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. É autor de varios estudos teatrais que comezan con «O teatro galego contemporáneo (1936-1996)» (1999) e dunha morea de artigos publicados en «ADE», «Artez» e sobre todo na «Revista Galega de Teatro» da que formou parte de 1997 a 2022. Recibiu o Premio Xiria ao Labor Teatral (2005) da MITCF de Cangas do Morrazo. «Tina e Xeró» (Xerais, 2024) é a súa primeira novela publicada na colección Narrativa.