📗 Libro en gallego O ULTIMO BARCO

(3)

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491513049

(3)
Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O ULTIMO BARCO

O vindeiro 6 de marzo chegará ás librarías O último barco unha nova entrega do inspector Leo Caldas que se publicará simultáneamente en galego e castelán A filla do doutor Andrade vive nuna casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira. Alí, as mariscadoras traballan na area, os mariñeiros guindan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a unha comida familiar na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E aínda que nada pareza ter alterado a casa nin a vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña comprobará que, na vida coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de devastadoras correntes. Domingo Villar (Vigo, 1971) regresa cunha novela negra ambientada na ría de Vigo, unha nova entrega da serie que inaugurou en 2006 da man de Galaxia con Ollos de auga e que está protagonizada polo inesquecible inspector Leo Caldas. Dende o segundo volume desta saga, A praia dos afogados, publicada en 2009, van case dez anos nos que Villar foi alimentando un fiel lectorado que se conta por milleiros. Mais tamén houbo tempo nesta década para ver a súa obra traducida a máis de 15 idiomas, adaptada ao cine (2015) e recibindo recoñecemento internacional no Reino Unido (finalista dos Crime Thriller Awards e do Dagger International), Francia (Premio Le Point du Polar Européen) ou Suecia, onde recibiu o premio da Academia Sueca de Novela Negra. O último barco chegará ás librarías simultaneamente o 6 de marzo con Galaxia en galego, e en castelán da man de Ediciones Siruela.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491513049

Idioma: Gallego

Número de páginas: 800
Tiempo de lectura:
19h 12m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 06/03/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Literaria

Número: 388
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 947.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Domingo Villar


Domingo Villar
Domingo Villar (Vigo, 1971-2022) inauguró con Ojos de agua la exitosa serie protagonizada por el inspector Leo Caldas. El segundo título, La playa de los ahogados, supuso su consagración en el panorama internacional de la novela negra, obteniendo excelentes críticas y ventas. En 2019 se publica El último barco, el esperado regreso del inspector Caldas. La serie ha sido traducida a más de 15 idiomas y ha cosechado un gran número de premios, entre los que caben destacar el Novelpol en dos ocasiones, el Antón Losada Diéguez, el Premio Sintagma, el Premio Brigada 21, el Frei Martín Sarmiento, Libro del Año de la Federación de Libreros de Galicia. También ha sido finalista de los Crime Thriller Awards y Dagger International en el Reino Unido, del premio Le Point du Polar Européen en Francia y del premio Martin Beck de la Academia Sueca de Novela Negra.
Descubre más sobre Domingo Villar
Recibe novedades de Domingo Villar directamente en tu email

Opiniones sobre O ULTIMO BARCO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

(3) comentarios

3.5/5

(1)

(1)

(0)

(0)

(1)


Ordenar por:

3 opiniones de usuarios


ALEJANDRA PEREZ RODRIGUEZ

14/06/2022

Tapa blanda

Este libro manten a intriga dende a primeira letra. E para min, que vivo fora, transportoume de volta a miña Vigo natal. Unha delicia.


Balonga Prebello

22/09/2020

Tapa blanda

O último barco fala de Vigo e dos arredores. Chámalle home-peixe a escultura de F.Leiro o mesmo que o seu autor. Porén a cidade co Concello diante deberían oficializar o seu nome, e que na opinión de alguns teria de ser: O Tritón. Na procura dun galego de calidade, fago algunhas suxestións de substitución: Home peixe/Tritón Pronto /cedo pax.230 Minuto/cedo. 236 Cousa seria/un pracer 333 Ao bordo da estrada/na beiravia 388 A algún lado/ a algures. 475 Encerre/peche. 485 Volveo/tornou. 487 Xunto a/a carón da. 493 Coviña/focha do queixo 502 Bo humor/ledo. 539 Gorecia/abeiraba 566 Cara ao final da tarde/polo lusco 581 Empuxei/empurrei. 711 Xunta/onda. 78 Boandanza Minuto.


Aniuski

25/02/2020

Tapa blanda

Nin sequera me enganchou o suficiente como para acabalo. Ten un ritmo tan lento que me da a sensación de que estiven 300 páxinas lendo o mesmo.


Ver todas las opiniones (3)

Los libros más vendidos esta semana