Angueira dedica o seu libro O valo de Manselle ós veciños desta aldea de Dodro que traballaron durante dous anos na construcción dun valo de contención para facer practicable un campo de xogos ubicado en terreos comunais que a concentración parcelaria convertera en vertedoiro de lixos. Isto é Poesía Tanxible. Os poemas de Angueira aférranse á fala real e concreta da súa terra, afastándose das formas estándar da lingua, para así dotala dun poder de evocación e comunicación máis perto do sentir e o vivir da súa tribo, que representa todas as tribos da nación. Sobrancea nestes versos a unión da comunidade no traballo colectivo, a solidariedade que fora desterrada polo capitalismo e que aínda pervive pola vontade dos bos e xenerosos.
Ficha técnica
Ilustrador: Andres A. Vila
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483020777
Número de páginas: 101
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/05/2001
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ferros
Ferros
Número: 000008
Especificaciones del producto
Escrito por Anxo Angueira
Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: «Val de Ramirás» (1989), «O valo de Manselle» (Xerais, 1996), «Bágoas de facer illas» (Xerais, 1997), «Libro da Vertixe» (1997), «Pensa nao» (Premio Xerais de Novela 1999), «Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro» (2002), «A morte de A.» (Xerais, 2003), «Fóra do sagrado» (Xerais, 2007) e «Iria» (Xerais, 2012). Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: publicou «Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento» (2013), realizou as edicións críticas de «Cantares gallegos», «Follas novas» e «En las orillas de Sar» e publicou diferentes traballos sobre Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales. Desde 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro. Fotografía do autor: Anxo Cabada.