📗 Libro en gallego O VALO

Edicións Xerais- 9788491212553

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de O VALO

No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Xaora, sentados de costas, mirando as estrelas fugaces no firmamento, Sahara e o Soldadiño comparten idéntico ceo e comprenden que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade.Peza dun único lance para dous personaxes, "O valo" propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, o xurado salientou "o carácter sobresaliente" desta peza que ten a guerra de Siria como pano de fondo.No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Xaora, sentados de costas, mirando as estrelas fugaces no firmamento, Sahara e o Soldadiño comparten idéntico ceo e comprenden que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade.Peza dun único lance para dous personaxes, "O valo" propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, o xurado salientou "o carácter sobresaliente" desta peza que ten a guerra de Siria como pano de fondo.

Ficha técnica


Ilustrador: Nuria Díaz

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491212553

Idioma: Gallego

Número de páginas: 64

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 07/09/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca Dramática Galega
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 153.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Carlos Labraña


Carlos Labraña
Carlos Labraña é un dramaturgo especializado en teatro para nenas e nenos. Neste eido acadou diferentes premios, como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María e O Facho, con pezas que se len e se representan de maneira habitual nos colexios. Dentro da súa traxectoria, pódense salientar: O valo, sobre o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada, comedia ácida sobre a crise económica (Premio de Teatro na Gala do Libro, 2017), O Apalpador, sobre o personaxe central do Nadal galego; Estrelecer, peza de misterio con reivindicación feminista (Lecturas dramatizadas da SGAE), Contra o reloxo, que fala do tempo e da perda (Premio Martín Sarmiendo, 2023), Estrela… Fugaz?, sobre a identidade de xénero, e Mambrú volveu da guerra (Premio SGAE 2022), texto para a recuperación da memoria histórica democrática. En 2016 fundou a compañía de teatro Os Furabolos, onde desenvolve tamén as súa facetas como actor e director.
Descubre más sobre Carlos Labraña
Recibe novedades de Carlos Labraña directamente en tu email

Opiniones sobre O VALO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana