Sinopsis de OBRA LITERARIA COMPLETA (T. II): OBRA EN GALEGO
Coa edición da súa Obra literaria completa Editorial Galaxia conmemora os cen anos do nacemento de Ánxel Fole. En tres extensos volumes con capa dura, esta edición estivo ao coidado do profesor Claudio Rodríguez Fer, que realizou a introdución e compilou os textos . A gran novidade é a inclusión dun tomo coa obra en castelán do autor lugués, que inclúe narrativa, poesía e unha selección dos seus artigos de prensa. O lector ten así unha visión máis cabal da obra dun dos autores fundamentais na literatura galega do século XX.