Nesta Obra viva recollen-se unha série de artigos, conferéncias, discursos e intervencións públicas do poeta de Taramancos escolmados por Ana González. A máxia da sua palabra, asi como a sua xenerosidade sen límites e a defensa apaixoada daquelas cousas nas que el acreditaba, mostran-se dun xeito pleno e luminoso nas páxinas deste livro polo que desfilan os amigos, as lembranzas, as ilusións e as paisaxes do autor de Cantos Caucanos
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788487847127
Idioma: Gallego
Número de páginas: 240
Tiempo de lectura:
5h 40m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/05/1992
Año de edición: 1992
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 11
Especificaciones del producto
Escrito por Anton Aviles De Taramancos
Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro de Cultura de Noia pola BNG. No ano 2003 foi homenaxeado co Día das Letras Galegas. Como poeta é autor de As moradías do vento (1955), A frauta e o garamelo (1958), O tempo no espello (1962), Cantos caucanos (1985, Xerais 2003), e As torres no ar (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, Última fuxida a Harar. Como narrador publicou Nova Crónica das Indias (1992, Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en Obra viva (1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza Tres capitáns de tempos idos (Xerais 2003) co obxecto de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; esta obra, inédita dende a súa estrea, foi editada por Xerais, en edición a cargo da profesora de Pilar Sampedro, dentro da súa colección Xerais Merlín.