Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018Entre 1925 e 1934, o grupo de excursionistas chamado Sociedade Amigos do Campo filmou unhas cen películas nas que amosaban o seu interese pola paisaxe. Películas de viaxes e excursións que, en vez de acontecementos excepcionais, recollen momentos intranscendentes. O ensaio de Fernando Redondo Neira parte dese rexistro fílmico, sen montaxe nin outros aditamentos, no que o azar se converte en traballo a prol dunha disgnificación. A reflexión sobre a imaxe en movemento trasládase dese xeito ao que se podería considerar unha teoría da percepción. O cinema como unha segunda oportunidade da memoria, unha segunda percepción do vivido. A imaxe dos protagonistas fórmase ao tempo na lembranza e no celuloide. A película é memoria feita cousas que se ergue ao mesmo nivel da vivencia. Para os membros da Sociedade Amigos do Campo, o gravado pola cámara Packard 9,5 mm de Alfonso Piñón supoñía a posibilidade de enfrontar lembranza e representación, pasado e presente, sensacións e significado.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491513407
Idioma: Gallego
Número de páginas: 176
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/06/2019
Año de edición: 2019
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 93
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre OS AMORODOS DE BERGMAN
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!