📗 Libro en gallego OS EIDOS

XERAIS - 9788475074559

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de OS EIDOS

Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930) publicou a primeira parte de Os Eidos en 1955, e, dende o primeiro momento, a súa voz converteuse nunha das máis intensas e renovadoras da poesía contemporánea. En 1974 publicou unha segunda entrega, Os Eidos 2, que aquí tamén incluímos e que completa o gran marco paisaxístico. A estética de Novoneyra representa a culminación da poesía de paisaxe levada ó extremo da concentración e da síntese. A palabra xigante. A voz telúrica da terra... Unha tradición poderosa que vén do mellor Noriega, Aquilino, Díaz Castro, Crecente Vega...

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475074559

Idioma: Gallego

Número de páginas: 224

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 1990

Plaza de edición: Vigo
Peso: 235.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Uxío Novoneyra y ED. DE CARMEN BLANCO


Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930 – Santiago de Compostela, 1999) é un dos grandes nomes da poesía galega contemporánea. Desde a publicación do seu libro Os Eidos en 1955, a súa obra converteuse nun punto de referencia inevitable para a literatura galega. Ademais dese libro, o seu corpus literario componse dos seguintes poemarios: Elegías del Caurel y otros poemas (ed. bilingüe, 1966), Os Eidos-2 (1974), Poemas caligráficos (1979), Os Eidos. Libro do Courel (Xerais 1981, 2010), Muller pra lonxe (1986), Do Courel a Compostela. 1956-86 (1988), Tempo de elexía (1991), Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994), Poema dos Caneiros (1998) e Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas (1999). Así mesmo, é coautor dos libros Camelio xaponés (1995) e Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes (1999). A súa visión da poesía e da súa propia obra déunola en Dos soños teimosos (1998, Xerais 2010). Tamén é autor de tres libros destinados aos lectores infantís: No cubil do xabarín (1991), Gorgorín e cabezón (1992) e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998).
Descubre más sobre Uxío Novoneyra

Opiniones sobre OS EIDOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana