📗 Libro en gallego OS ESPELLOS DO TEMPO

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498651157

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de OS ESPELLOS DO TEMPO

Como suxire o título, Os espellos do tempo xira ao redor de dúas ideas: a de reflexión, no dobre sentido de pensar e reflectir, e a de simulacro. No interior do texto narrativo conviven dous "eus", un deles e o narrador e o outro unha construción formada por acumulación de diferentes "eus" que acaban por constituír, en verbas do propio Vaqueiro, "un dispositivo frankensteiniano", un personaxe híbrido que podería ser fillo dun estratega que manexase con habelencia as ferramentas de Photoshop. A novela alimentase de imaxes procedentes da fotografía e do cinema. O individuo fragmentado, característico da sociedade actual, e o punto de referencia a partir do cal o novelista explora as relacións entre fotografía, texto, realidade, verdade e verosimilitude. Os espellos do tempo, amais dun álbum fotográfico, conten un amplo álbum de citas final. Çlbum fotográfico e citas que pretenden dar sentido, non só a traves dos propios textos citados (e, polo tanto, traídos á memoria do lector), a unha exploración das linguaxes que abala entre texto e imaxes, imaxes e texto, para desvelar as diferentes facianas da realidade.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498651157

Idioma: Gallego

Número de páginas: 300
Tiempo de lectura:
7h 7m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/07/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es

Colección:
Literaria

Número: 261
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Vítor Vaqueiro


Descubre más sobre Vítor Vaqueiro
Recibe novedades de Vítor Vaqueiro directamente en tu email

Opiniones sobre OS ESPELLOS DO TEMPO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana