Sinopsis de OS FIOS (PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2010)
A novela comeza un venres outonizo e soalleiro no que Antón Queguas chega a un hotel rural na procura de descanso e rutas de montaña. Citouse alí con Lidia, a súa parella, á que só ve durante as fins de semana. Cando sobe á habitación, decátase de que a calefacción non funciona, polo que pide axuda á empregada do establecemento, Baldi, unha rapaza moi nova, pouco faladora e esvaidamente misteriosa. Iníciase daquela un xogo de azares e malentendidos que van cambiar por completo a vida dos personaxes. Uns meses máis tarde, Antón recibe a notificación dun avogado: Baldi está embarazada e cítao para unha proba de paternidade. Lidia, sentíndose traizoada, percorre as estradas co seu catálogo de pintura contemporánea, mentres tenta afogar os accesos de xenreira e rancor que a asolagan. E aínda hai un terceiro protagonista, Chano Bendaña, un modesto artesán xoiero que se ve implicado, dun xeito inesperado, nunha enxurrada de confusións. Antón, Lidia e Chano: tres historias que camiñan pola fronteira do cotián e do absurdo, enfiadas por Xurxo Sierra con intelixencia e saber facer narrativo. Unha historia de vidas cruzadas na que o destino dos personaxes introduce un plus de intriga que engaiola e sorprende ao lector.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498653267
Idioma: Gallego
Número de páginas: 180
Tiempo de lectura:
4h 13m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/11/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 293
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xurxo Sierra Veloso
Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969) Funcionario da Universidade de Salamanca, reside en Zamora dende 1999. Publicou as novelas ''Os ollos do rei de copas'' (1994), ''Licor de abelá con xeo'' (2006, finalista Premio Lueiro Rey), ''Os mércores de Fra'' (2006, Premio Risco), ''Os nomes do traidor'' (2008) e ''Os fíos'' (2010, Premio Repsol). Dende 2005 mantén na rede o blog Rei de Copas (http://reidecopas.blogspot.com).