Outra cidade. Un novo barrio. Outro colexio cheo de compañeiros descoñecidos. No momento da nova mudanza, Marcos levaba moitas incertezas na mochila. Temía achar soidade, saudade, aburrimento. Daba por seguro que había estrañar. Pero logo dou con amigos cos que estar. E un misterio por resolver, o do neno que non sabía andar sen levar un globo na man. Sen contar a un avó que esixía que lle contasen contos. Os globos de andar é unha historia que pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal. A inocencia, bondade, confianza, solidariedade e esperanza, como algúns dos valores que marcan o deambular dos seus protagonistas, están presentes na obra de forma non forzada, sensible e, fundamentalmente, natural. A historia é reforzada coa utilización dunha linguaxe sinxela, accesible e fluída, coa que se consegue non só afondar na tenrura do relato, senón tamén propiciar unha lectura fácil e directa para o público ao que vai dirixida.
Ficha técnica
Ilustrador: Marcos Calo
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788496893870
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/12/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Infantil-Xuvenil
Infantil-Xuvenil
Serie/Saga: Meiga Moira
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier López Rodríguez
Xavier López Rodríguez (1956) naceu na aldea arraiana de San Ciprián de Hermisende (Zamora). Xornalista de profesión, reside e traballa en Santiago de Compostela desde 1985. Traballou en periódicos como El Correo de Zamora, El Norte de Castilla, Diario de Galicia e Diario 16 de Galicia. En castelán publicou Retrato de viejo con chupete (1988) e El clan de los sonámbulos (1991). Comezou a publicar libros en lingua galega en 1993 con Outros heroes, unha dura crónica sobre as víctimas das drogas. Xa no eido da narrativa publicou a continuación A citación (1995), Coma unha pluma liviá (1995), Días de desterro (Xerais 1996), Linguas longas (1998), Brumoso (Xerais 1998), O neno que matou a Deus (1998), Noitebra (Xerais 1999), Un burro hippy (2000), Catro pitas (2000), Amigo medo (2002), Castiñeiro e compaña (2003), Destrucción (Xerais 2003), finalista do Premio Xerais de Novela 2003 e Lixo (Xerais 2009), relatos e novelas dirixidos aos lectores e lectoras infantís, xuvenís ou adultos.