BIBLIOTECA NUEVA- 9788497428477
A orientación do historiador da arte tradicional, preocupado principalmente polos grandes cadros, non fai xustiza ao que a paisaxe é en Galicia. Se se quere considerar axeitadamente o seu valor entre os galegos debe cambiarse a formulación. Non se trata tanto de catalogar pinturas, unhas boas e outras non, coma de historiar o fenómeno desde unha perspectiva máis ampla, unha perspectiva cultural. Un estudo en paralelo da literatura e da linguaxe, da xardinería e da iconografía, pode axudarnos a facelo. Os límites da paisaxe é o primeiro dunha serie de tres volúmes dedicados a perfilar a súa historia. Así mesmo, con el nace unha colección de libros, a colección Novas paisaxes, que ten por obxectivo complementar os textos da colección Paisaje y teoría, cun conxunto de traballos centrados na paisaxe galega nas súas múltiples dimensións.
Especificaciones del producto
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!
Tapa dura
Jennifer L. Armentrout