A renovada colección «Merlín» ofrece unha nova serie para os primeiros lectores: «Merliño». Libros de grande formato, ilustrados a catro cores, historias significativas, textos sinxelos, secuencias breves nuns libros concibidos para ser lidos directamente por novos lectores ou por persoas adultas a nenos máis pequenos. Con cada novo ano, chega ata nós a roda dos señores meses, facendo as casas con cachos de lúa e con pingas de auga. Cando vén o frío as folerpas esvaran polos seus tellados de nubes de prata. Ó vir o verán traeo sol da man e os señores meses gardan os abrigos e xogan co mar. Xaneiro dorme na casa da choiva e, pola noite, no queixo da Lúa roe, roe. Febreiro chega soprando no corno do vento. Marzo ten medo do lobo que axexa ó pé da súa fiestra. As pingas esvaran polo paraugas do señor abril. Maio tece un abrigo de flores novas. Xuño, poeta, debuxa estrelas no ceo da noite... Doce amigos sempre xuntos, máis cada un deles moi distinto. Os señores meses é un fermosísimo poemario, onde cada un dos meses do ano é o protagonista.
Ficha técnica
Ilustrador: Ángeles Ferrer
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483025727
Número de páginas: 32
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 07/11/2000
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
Alto: 20.0 cm
Ancho: 18.0 cm
Grueso: 0.3 cm
Peso: 111.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ánxeles Ferrer
Ánxeles Ferrer (Valdeorras, 1957), cursou estudios de Ciencias da Información, ilustradora e autora de literatura infantil. Ilustrou e escribiu: "A aventura de Xanzolo" (Xerais 1995), "Os señores meses" (Xerais 2000) e "O sombreiro do mago" (Xerais 2017). Como ilustradora publicou en Xerais os seguintes traballos: "Roxelio e a couza", "A casa do porco bravo" (Xerais 1990), "Oso mimoso" (Xerais 1992), "O quirico lambón" (Xerais 1997), "A campa da lúa" (Xerais 1999), "Contos fantásticos I" (Xerais 2001) e "Un niño no xardín" (Xerais 2012). Mantén o seu blog: http://vagalumesentreaherba.blogspot.com/