📗 Libro en gallego OSO E MAIS EU

ESTHER PECES

OQO Editora- 9788498716795

Infantil 3 a 4 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de OSO E MAIS EU

Esta é a historia dun conto… que case non conto! Así empeza a narrar a protagonista deste álbum o que lle sucedeu unha tarde cando, mentres estaba a xogar tranquilamente na casa, un oso entrou pola xanela. Oso camiñaba tropezando pola casa, esnaquizando todo canto atopaba. Ela, sen perder a calma, dispúxose a amañar aquela desfeita con cinta adhesiva, ata que viu que Oso case rompe un conto. Daquela enfadouse moito e berroulle. El reaccionou gruñindo e levantando unha pata, como se fose facerlle dano, pero, en realidade, estaba ferido e precisaba axuda. Un libro que, con sinxeleza maxistral, tanto na imaxe como a nivel textual, abre una fiestra para acordar sentimentos de solidariedade, ofrecer axuda a quen a necesita, manexar situacións pouco habituais e procurar solucións sen perder a calma. A recompensa, sen necesidade de dicilo explicitamente, a amizade. Ademais, no álbum descubrimos que é o propio conto “Oso e mais eu” o obxecto máis valioso, o único que non se pode romper, o que garda a palabra, a imaxe e a emoción que transmite esta historia. Deste xeito, nun xogo de tempos que nos embarca desde o cotián ao mundo da nosa protagonista, experimentamos o que a ela lle acontece, acompañámola na súa aventura, provocando quizais resonancias, actitudes, emocións ou comportamentos que, nun futuro, poden servirnos como un punto de referencia.

Ficha técnica


Ilustrador: Esther García Peces

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788498716795

Idioma: Gallego

Número de páginas: 40

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 24/10/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
Colección O
Alto: 25.0 cm
Ancho: 23.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 485.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre OSO E MAIS EU


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana