Esta fantástica historia empeza coa chegada dunha institutriz a unha mansión de Inglaterra para facerse cargo da educación dunha rapaza e dun rapaz: Miles e Flora. O final da historia deixa un interrogante indefinible.
Ficha técnica
Traductor: M.a. Laxe Freire
Editorial: Edicions Do Cumio
ISBN: 9788487126062
Número de páginas: 176
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/05/2001
Año de edición: 1989
Plaza de edición: Pontevedra
Especificaciones del producto
Escrito por Henry James
Henry James (Nova York, 1843-Londres, 1916) foi un escritor e crítico que traballou xéneros literarios que van da crítica social á novela gótica, onde analiza a sociedade neoiorquina de finais do século XIX, afondando na psicoloxía das personaxes e creando protagonistas femininas que loitan por atopar o seu espazo vital diante dos prexuízos sociais da época. Destaca por ser o primeiro escritor do seu tempo interesado en desentrañar a psicoloxía feminina. En palabras de Graham Greene: “Quizais Washington Square sexa a única novela onde un home é quen de invadir o campo feminino producindo unha obra comparable ás de Jane Austen”.