📗 Libro en gallego PEGADAS NUN LABIRINTO BALEIRO

Baía Edicións A Coruña. S.L. - 9788492630806

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de PEGADAS NUN LABIRINTO BALEIRO

Amador Ribeiro é un inspector de policía de Vigo, violento e solitario. Amigo do xogo e do alcohol, vive nun mundo sórdido, cheo de rancor, de homes e mulleres da noite. Ademais non é ben querido na Comisaría. Os seus compañeiros recean dese home coa mirada extraviada, de trazos duros. Un día recibe o encargo do comisario de levar a cabo a investigación máis estraña da súa vida: nos montes da vila de Lenzo van aparecendo uns corpos que se afastan do aspecto dos cadáveres deixados por un asasino convencional. Os corpos están transformados, convertido nas trazas doutra cousa, de algo que non se pode definir. É como se os cadáveres fosen o soporte onde o asasino plasma a súa arte. Xa en Lenzo Amador comeza as investigacións. Para el semella todo diferente; é un home de cidade, non se afai á vila. Asígnanlle unha compañeira compostelá, María. Entre eles comeza a xerar a rivalidade e mesmo o odio. Pero as pescudas lévano a actuar só, coa mente chea de confusión, case que nos lindeiros da tolemia, mais é quen de comprender que a posibilidade de resolución do caso se está a converter nunha solitaria oportunidade para a redención polo dano que fixo, por todas esas noites pola cidade vivindo a única vida posible, a dos que xa nada agardan. Así, os acontecementos precipítanse de tal xeito que é como se entrase nun labirinto, onde están só el e o asasino. Pegadas nun labirinto baleiro mestura as características da novela negra ou policial e o realismo fantástico da tradición cultural galega.

Ficha técnica


Ilustrador: Calros Silvar

Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.

ISBN: 9788492630806

Idioma: Gallego

Número de páginas: 390
Tiempo de lectura:
9h 18m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/05/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Baía Narrativa
Número: 28

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Manuel García López


Descubre más sobre Xosé Manuel García López
Recibe novedades de Xosé Manuel García López directamente en tu email

Opiniones sobre PEGADAS NUN LABIRINTO BALEIRO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana