PIONEIROS DA CORRENTE DO GOLFO: A PRIMEIRA EMIGRACION GALEGA A ME XICO(1837-1936)

XERAIS - 9788483026007

Historia por países Historia de los países de América

Sinopsis de PIONEIROS DA CORRENTE DO GOLFO: A PRIMEIRA EMIGRACION GALEGA A ME XICO(1837-1936)

Tras a independencia de México, os decretos de expulsión marcaron o punto álxido da descolonización. A partir de 1837 comenzaron a retornar os expulsados e iniciouse unha reemigración de galegos desde Cuba; eran labregos da zafra, mariñeiros que pescaban o guachinango, militares desertores, etc. Desde o último cuarto do século XIX a navegación a vapor, a necesidade e as estratexias familiares embarcaron rumbo as costas mexicanas a pais de familia, rapaces e mociños coa encomenda de que enviasen remesas coas que redimir os foros, ceibarse da parceiría, facer unha casa nova, mercar terras o gando e comer e beber mellor. Entre os grandes pioneiros chegaron á República Mexicana varios polisóns que empezaron a súa andaina como empregados ou vendedores ambulantes. Algúns fixeron América ou foron o xermolo da emigración circular, desde constante ir e vir de cinco xeracións de galegos pola corrente do Golfo, e outros, no retorno, contribuiron á mellora dos lugares de orixe ou investiron os seus aforros na construcción urbana e na industrialización de Galicia.Amais da exhaustiva reconstrucción dalgunhas cadeas migratorias e do tecido asociativo creado polos nosos emigrantes, Pioneiros na corrente do Golfo mergúllanos nas apaixoantes biografías dun feixe de galegos e galegas, adobadas cunha manchea de fotografías e ilustracións inéditas. Este libro é un canto á vida, á obra e ós soños deses case dous millóns de galegos que, desde a súa impronta heroica e anónima, protagonizaron a grande epopeia do noso pobo que foi a emigración americanas.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483026007

Número de páginas: 544

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 27/04/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Vigo
Peso: 534.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por ELIXIO VILLAVERDE GARCIA


Descubre más sobre ELIXIO VILLAVERDE GARCIA
Recibe novedades de ELIXIO VILLAVERDE GARCIA directamente en tu email

Opiniones sobre PIONEIROS DA CORRENTE DO GOLFO: A PRIMEIRA EMIGRACION GALEGA A ME XICO(1837-1936)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana