Tras a independencia de México, os decretos de expulsión marcaron o punto álxido da descolonización. A partir de 1837 comenzaron a retornar os expulsados e iniciouse unha reemigración de galegos desde Cuba; eran labregos da zafra, mariñeiros que pescaban o guachinango, militares desertores, etc. Desde o ultimo cuarto do seculo XIX a navegacion a vapor, a necesidade e as estratexias familiares embarcaron rumbo as costas mexicanas a pais de familia, rapaces e mociños coa encomenda de que enviasen remesas coas que redimir os foros, ceibarse da parceiria, facer unha casa nova, mercar terras o gando e comer e beber mellor. Entre os grandes pioneiros chegaron a Republica Mexicana varios polisons que empezaron a sua andaina como empregados ou vendedores ambulantes. Alguns fixeron America ou foron o xermolo da emigracion circular, desde constante ir e vir de cinco xeracions de galegos pola corrente do Golfo, e outros, no retorno, contribuiron a mellora dos lugares de orixe ou investiron os seus aforros na construccion urbana e na industrializacion de Galicia.Amais da exhaustiva reconstruccion dalgunhas cadeas migratorias e do tecido asociativo creado polos nosos emigrantes, Pioneiros na corrente do Golfo mergullanos nas apaixoantes biografias dun feixe de galegos e galegas, adobadas cunha manchea de fotografias e ilustracions ineditas. Este libro e un canto a vida, a obra e os soños deses case dous millons de galegos que, desde a sua impronta heroica e anonima, protagonizaron a grande epopeia do noso pobo que foi a emigracion americanas.