Sinopsis de PLASTICA DA CULTURA CASTREXA GALEGO PORTUGUESA
Importantísimo traballo adicado á arqueoloxía galega. O seu autor impúxose a tarefa da catalogación total das labras en pedra, figurativas, simbólicas ou decorativas, da nosa Prehistoria. Obra inxente pola dispersión dos materiais en museos e colleitas privadas, na longa área que, con rasgos comúns, abarca desde o Cantábrico a Lisboa. Admiramos a teimosía e o rigor do inquérito que requeriu o exame e o inventario de medio millar de pezas, asúa descripción, a sistematización das formas e o encadro cronolóxico. O libro é un catálogo de pezas significativas, pero asemade un inventario de perto de cen xacementos, coa referencia do historial das excavacións e da bibliografía básica, repertorio que deica agora non tiñamos e que vai ser da meirande utilidade para investigadores e mestres, e mesmo para os que gosten de segui-las rutas de antigüidade nas súas viaxes.
Ficha técnica
Editorial: Fund. Pedro Barrie de la Maza, Conde de Fenosa
ISBN: 9788487819667
Idioma: Sin Definir
Número de páginas: 914
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/01/1994
Año de edición: 1994
Plaza de edición: A Coruña
Número: Catalogación arqueológica y artística de Galicia
Alto: 15.0 cm
Ancho: 21.0 cm
Peso: 1500.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Francisco Calo Lourido
Francisco Calo Lourido (Porto do Son, 1948) é doutor e catedrático de Xeografía e Historia, patrón do Museo do Pobo Galego, correspondente da Real Academia Galega e membro, entre outras institucións, da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia. Profesor invitado na Universidade do Porto e conferenciante na de Cambridge. Participante en múltiples escavacións arqueolóxicas, dirixiu as do castro de Baroña. Desenvolve a súa actividade investigadora sobre todo nos eidos da arqueoloxía e da antropoloxía con máis de dúascentas publi- cacións, como "A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa" (2 tomos), Premio Losada Diéguez 1995; "A cultura castrexa"; "Castro de Baroña"; "La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son"; "Xentes do mar. Traballos, tradicións e costumes"; "Fainas do mar. Vida e trabalho no litoral norte"; "As artes de pesca"; "Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia" (Xerais, 2011), Premio Losada Diéguez 2010; "Vida e traballo no mar dos galegos" ou "A historia de España baseouse en falacias. Nin Reconquista, nin Imperio nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX". No eido da narrativa destaca a súa obra "Salseiros".