Escritor outsider, malia constituír un dos poetas máis arriscados e fulgurantes de Galicia, tal e como o definiu Román Raña, Isidro Novo resultou practicamente esquecido polo relato oficial e as antoloxías poéticas. Posuidor dunha lírica orixinal e moderna, foi acaso máis coñecido pola súa, tamén arriscada, escrita narrativa, con títulos tan sobranceiros coma Carne de can ou Un escuro rumor tralo silencio. Editorial Galaxia ofrece por primeira vez a súa produción poética galega completa, que inclúe neste volume as obras publicadas en vida do autor ?Dende unha nada núa, Esteiro de noites falecidas e CO2?, as creacións espalladas en revistas, escolmas e libros colectivos, e os poemarios inéditos Sinopse (Romance do presaxio), Sonetario impertinente, (Sen ramal) e De tanto amar a Dores. Sen dúbida, esta edición contribuirá a que a voz perentoria, poderosa e suxestiva do ?xograr da gravidade? ocupe o lugar que lle corresponde por mérito propio.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491516262
Idioma: Gallego
Número de páginas: 486
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 03/05/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Es
Colección:
Letras galegas clásicos
Letras galegas clásicos
Número: 8
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.2 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre POESIA GALEGA REUNIDA (1991-2017)
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!