📗 Libro en gallego POESIA REUNIDA (1982-2004)

Edicións Xerais - 9788491214281

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de POESIA REUNIDA (1982-2004)

Para Xela Arias, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada».

O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira. Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada». Edición, introdución e notas de María Xesús Nogueira Pereira.O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira. Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada». Edición, introdución e notas de María Xesús Nogueira Pereira.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491214281

Idioma: Gallego

Número de páginas: 440

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/10/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 3.0 cm
Peso: 654.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xela Arias


Xela Arias
Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento. Como poeta, publicou os libros «Denuncia do equilibrio» (1986); «Tigres coma cabalos» (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; «Darío a diario» (1996); e «Intempériome» (2003). Posuidora dunha voz inclasificable, a súa obra poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra. Como tradutora, verteu ao galego obras de Fenimore Cooper, Jorge Amado, James Joyce, Camilo Castelo Branco, Roald Dahl, Angela Carter, Baudelaire ou Alice Vieira, labor polo que recibiu recoñecementos como a Medalha do Prêmio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro. En 2021 dedícaselle o Día das Letras Galegas.
Descubre más sobre Xela Arias
Recibe novedades de Xela Arias directamente en tu email

Opiniones sobre POESIA REUNIDA (1982-2004)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana