Premio Blanco Amor 2018
A vida está chea de casualidades, de situacións baixo o ditado das coincidencias e os caprichos do destino. O curso para a recuperación do carné de conducir é un lugar e un tempo no que cadran un mangado de homes e mulleres singulares mais que teñen algo en común. Descoñecidos entre si, as circunstancias fan que agora aparezan como o que son: persoas solitarias, mozos á espreita, biografía indecisas e, así e todo, dispostas a arriscarse para conseguir unha pingas de cariño. Por puntos é o retrato -por veces sentimental, por veces traxicómico, outras acedo e corrosivo- dunha realidade próxima e cotiá que endexamais deixa de ser sorprendente. Entre venres e sábados, durante catro xornadas, os personaxes desta novela deixan entrever as súas grandezas e as súas miserias, as súas coitas, os seus devezos e inseguridades. Á mala sorte contraponse a esperanza, á frustración vaina frear un futuro aínda aberto: a pesar de todo, poida que o amor ocupe a mesa do lado.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491513117
Idioma: Gallego
Número de páginas: 256
Tiempo de lectura:
6h 3m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/03/2019
Año de edición: 2019
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 385
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Portas
Manuel Portas (Barcelona, 1960) estreouse como narrador con Denso recendo a salgado (2010). Seguírona Un dedo manchado de tinta (2011), traducida para o italiano como Un dito macchiato d’inchiostro (2020), Faneca Brava (2013), Amor en alpargatas (2015), Lourenço, xograr (Premio García Barros, 2015), Por puntos (Premio Blanco Amor, 2019), Cadencias (2020) e Unha cervexa Chang (2022). Foi profesor de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Santiago, e colaborou en obras de carácter didáctico e publicacións pedagóxicas. Tamén se coñece polo seu labor no campo da análise sociolingüística, onde salienta o seu traballo Língua e sociedade na Galiza (1990), obra de referencia da sociolingüística galega. Colaborador de prensa e radio, a súa dedicación á res pública levouno a participar na vida política e a formar parte do goberno municipal de Compostela durante dous mandatos.