📗 Libro en gallego PORTUGALIZAR

XERAIS - 9788497824736

Gallego Métodos y material de gallego

Sinopsis de PORTUGALIZAR

Como o seu propio subtítulo indica, Portugalizar é un manual práctico de portugués, preparado por Elisabete Pais de Jesus Ramos (profesora de lingua portuguesa da Universidade de Vigo), enfocado cara á aprendizaxe desta lingua por parte dos galegofalantes. Este libro é o resultado dun traballo para intentar mellorar pedagoxicamente o ensino de lingua portuguesa no ámbito universitario galego. A obra está estruturada en tres partes segundo o grao de dificultade dos contidos (nivel básico, nivel medio e nivel superior), o que lle concede unha gran versatilidade á hora de ser empregado tanto por persoas que se acheguen por vez primeira a esta lingua como por quen busque afondar en determinadas cuestións gramaticais de maior dificultade. En Portugalizar os contidos son tratados dun xeito moi práctico e visual, tendo en conta o público galego a que vai dirixido o manual e destacando aqueles aspectos diferenciais que presentan os dous idiomas, para facilitar a aprendizaxe. Portugalizar non se limita a ofrecer conceptos e procedementos para fornecer un coñecemento teórico da lingua portuguesa, senón que tamén pretende dotar ao usuario de competencias a nivel oral e escrito para poder manexarse lingüisticamente en diversos ámbitos e contextos cotiáns de uso.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497824736

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 04/10/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Es
Peso: 410.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Elisabete Ramos


Elisabete Pais de Jesus Ramos (París, 1976), licenciada en Lingüística e en Formación Educacional pola Universidade de Lisboa, foi profesora de Lingua Portuguesa na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo durante 7 anos. Traduciu, entre outros, Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza ao portugués e conta con máis de un cento de obras traducidas ou revisadas. Como investigadora fixo o Traballo de Investigación Tutelado (TIT) sobre "A diferenza de xénero nos substantivos do portugués e do galego". Neste momento é profesora de español en Portugal e a súa investigación xira arredor do ensino/aprendizaxe de segundas linguas. É autora de Portugalizar. Curso de portugués para galegofalantes (Xerais 2006).
Descubre más sobre Elisabete Ramos
Recibe novedades de Elisabete Ramos directamente en tu email

Opiniones sobre PORTUGALIZAR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana