Sinopsis de RAICEIRAS E VENTO. A OBRA POETICA DE ANTON AVILES DE TARAMANCOS
A obra poética de Antón Avilés de Taramancos constitúe xa un referente incuestionable dentro do marco da lírica galega contemporánea. A riqueza da súa proposta literaria nace como resposta a unha vida intensa mais formúlase como superación transcendente do mero acontecer biográfico.
Este volume recolle, por unha banda, unha análise demorada dos aspectos esenciais da obra poética de Avilés elaborada por varios recoñecidos críticos e creadores. Pola outra, incorpora unha escolma dalgúns dos seus poemas máis relevantes en versión bilingüe galego-inglés, que conforma a selección máis ampla da poesía de Avilés traducida a esta lingua ata o momento. Finalmente, ofrece os textos que seis nomeados poetas irlandeses escribiron como resposta á obra do autor de Taramancos, en versión inglés-galego.Raiceiras e vento presenta, xa que logo, un interese notable tanto para os amantes da poesía como para os amantes da traducción literaria, ademais de procurar o establecemento dun diálogo cultural fecundo entre dous países tan intimamente vencellados: Galiza e Irlanda. O eixe que vertebra o volume é a presencia poderosa e senlleira de Antón Avilés de Taramancos, así como a certeza sen fisuras de que a súa obra poética está destinada a perdurar. O seu nomeamento como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas correspondente a 20...
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484870449
Idioma: Gallego
Número de páginas: 201
Tiempo de lectura:
4h 44m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/11/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Es
Número: 179
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Anton Aviles De Taramancos
Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro de Cultura de Noia pola BNG. No ano 2003 foi homenaxeado co Día das Letras Galegas. Como poeta é autor de As moradías do vento (1955), A frauta e o garamelo (1958), O tempo no espello (1962), Cantos caucanos (1985, Xerais 2003), e As torres no ar (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, Última fuxida a Harar. Como narrador publicou Nova Crónica das Indias (1992, Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en Obra viva (1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza Tres capitáns de tempos idos (Xerais 2003) co obxecto de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; esta obra, inédita dende a súa estrea, foi editada por Xerais, en edición a cargo da profesora de Pilar Sampedro, dentro da súa colección Xerais Merlín.