📗 Libro en gallego RAMON PIÑEIRO A EXPRESION CULTURAL DUNHA ESTRAXIA POLITICA

a expresión cultural dunha estratexia política

LAIOVENTO - 9788484871545

Biografías Biografías políticas

Sinopsis de RAMON PIÑEIRO A EXPRESION CULTURAL DUNHA ESTRAXIA POLITICA

Recuperarmos a acordanza persoal do propio Ramón Piñeiro, á par daqueloutras voces de personaxes coetáneos reseñados na nosa historia recente que, desde a escrita das súas memorias, epistolarios ou desde as declaracións biográficas concedidas en libros de conversas que resultan fundamentais para a recuperación da memoria colectiva de noso máis recente, foi o guieiro a través do que quixemos ofrecer, a quen con cautela curiosa a estas páxinas se achegar, un paseo que conxugue, canda o tempo cronolóxico, o modus vivendi et operandi do autor rememorado este 17 de maio, porque o cronos comprendido entre 1915 e 1990 debuxou escenarios diferentes na vida de Ramón Piñeiro, partillados con senlleiros compañeiros de proxectos colectivos, máis do que propiamente individuais, comprendidos sempre ao servizo dunha Galiza que cumpría (re)construir asentada na terra e na lingua como fíos condutores dunha con(s)ciencia xenuína. A inclusión dun apéndice de textos do propio autor estudado neste traballo pretende transmitir, sen filtro previo, o seu pensamento e posicionamento a respecto de cuestións múltiples ao longo de catro intensas décadas, coa intención de completar a secuencia dos feitos que biográficamente se recollen

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484871545

Idioma: Gallego

Número de páginas: 157
Tiempo de lectura:
3h 40m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/05/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 242

Especificaciones del producto



Escrito por Mercedes Queixas Zas


Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüística aplicada ao ámbito educativo. A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a Rosalía de Castro e que leva por título «Aprendemos con Rosalía». Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña. Actualmente é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Descubre más sobre Mercedes Queixas Zas
Recibe novedades de Mercedes Queixas Zas directamente en tu email

Opiniones sobre RAMON PIÑEIRO A EXPRESION CULTURAL DUNHA ESTRAXIA POLITICA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana