OQO Editora - 9788496573710
Rato solteiro era leñador. Un día, unha rapaza invitouno a comer e desafiouno a unha carreira: «se me pillas, caso contigo». Cando xa estaba a piques de atrapala, a rapaza tirouse ao río e Rato foi detrás. No fondo do río, nun mundo marabilloso escondíase a Raíña das Augas e unha, dúas, tres...quen sabe cantas princesas fermosas, todas iguais! Como ía recoñecer o pretendente a súa prometida? Tanto na tradición europea como na africana, un motivo que aparece con moita frecuencia é a axuda dos animais para superar probas ou desempeñar tarefas esixidas polos reis ou superiores. Aquí é unha abella, agradecida pola comida, a que lle axudará ao Rato a recoñecer a moza. Esta mesma proba coñece un interesante paralelo nun conto popular español recollido por José María Guelbenzu. Nese caso trátase dunha mosca, que lle axuda a un cociñeiro a recoñecer a princesa, entre vinte e unha irmás. Tamén é común neste esquema a figura do impostor que pretende, ocultando a súa verdadeira identidade, o recoñecemento como heroe ou acadar o mesmo éxito. Nesta ocasión, o coello é quen pretende o mesmo destino que o Rato; pero o «burlador» non será quen de gañar a gratitude da abella e, aínda que a súa astucia fará que se libre dun fatal castigo, a ambición e o engano levarano a un desenlace que liga coa tradición africana dos contos que pretenden explicar a orixe das cousas, riscos de comportamento e a relación entre os animais... Por que ao coello lle tremelica sempre o fociño? Así mesmo, a presenza dun mundo paralelo debaixo das augas destaca o reflexo das crenzas de moitos pobos. A pesar deste carácter híbrido e tradicional e sen falsear esta perspectiva, Rato solteiro presenta unha revisión actual do texto e unha mestura de humor e realismo que achega a narración ao mundo cotián. A nivel plástico, no conto represéntanse dous mundos, terrestre e acuático, en dous escenarios distintos unidos entre si. No mundo submarino, Marta Torrão reflicte un ambiente fantástico recreando un imaxinario máxico, mentres que na superficie a realidade amósase de xeito máis convencional. Esta ambivalencia aparece tamén na gama cromática
Especificaciones del producto
Escrito por Paco Liván
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!