📗 Libro en gallego REBELION NO INVERNO

XERAIS - 9788497820912

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de REBELION NO INVERNO

A partir do concepto de “Rebelión”, Mario Regueira preséntanos un libro de alento, ben pautado e reflexivo, que se vai construíndo a través destes relatos de aire enigmático, misterioso e, por veces, onírico. Os personaxes de Rebelión no inverno están en estado de rebelión, é dicir, na situación de dicir non a algo, e en ocasións ante a dúbida de dicir que non e seguir subsistindo. Eses personaxes, os subversivos, son portadores de historias de rebeldía que merecen ser contadas, historias que sempre nos provocan a fascinación dun acto transcendente, que sucede neste inverno, inhóspito e frío, metáfora do mundo actual e do seu sistema socioeconómico. As rebelións deste libro son múltiples: políticas, filiais, sociais. pero a máis destacable é, sen dúbida, a revolta contra a linguaxe como forma de comunicación. Os problemas da comunicación son tema recorrente en Rebelión no inverno, enfocado desde diferentes perspectivas. O noso tempo, deixounos pendurando sobre un mar de incertezas e dalgún xeito, estamos sós coa palabra. O feito de comunicarnos ten unha compoñente importante de ficción e falsidade. Rebelión en inverno presenta aqueles personaxes que, en actitude manifestamente subversiva, tratan de modificar a realidade para adaptala aos seus soños.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497820912

Idioma: Gallego

Número de páginas: 151
Tiempo de lectura:
3h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/02/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Mario Regueira


Mario Regueira (Ferrol, 1979) é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, tras cursar estudos de Filoloxía Galega e Dereito. No campo dos estudos literarios ten publicado o ensaio heterodoxo Lois Pereiro, unha persecución (2011). Colabora como crítico literario en distintos medios, sinaladamente en Sermos Galiza, e preside, desde 2016, a Asociación Galega da Crítica. Ademais, participa do podcast Burán, que se emite en Radio campUSCulturae e Cuac FM. Como narrador, comezou a súa carreira co libro de relatos Rebelión no inverno (Xerais, 2004) ao que seguen as novelas L'affiche rouge (Xerais, 2007) e Outono aquí (2012), esta última premio Lueiro Rey de novela curta e traducida ao castelán como Las hojas muertas (2013). Como poeta ten publicado Tanxerina (2006, Premio Xosemaría Pérez Parallé), Blues da Crecente (2009, Premio Xohán Carballeira), O silencio (Xerais, 2012) e Marco Livorno (2019, Premio Illas Sisargas).
Descubre más sobre Mario Regueira
Recibe novedades de Mario Regueira directamente en tu email

Opiniones sobre REBELION NO INVERNO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana