📗 Libro en gallego RESERVA ESPECIAL

Editorial Galaxia, S.A. - 9788482887081

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de RESERVA ESPECIAL

Un libro de relatos que é unha iniciación no amor e na amizade realizada da man de experiencias relacionadas co viño, cos bares de sempre e coa vida a carón das viñas. Sentimentos e humor punteados de ironía nun libro de ficción que vai á procura dos sabores e recendos que acaban por constituír os praceres da existencia. Desde as primeiras chiscadelas do amor e o asombro ante a beleza, ata a camaradería espontánea nada a carón da barra dun bar, nestes relatos Xosé Manuel G. Trigo recrea vivencias enfiadas arredor da cultura do viño. Poderíase dicir que este é un libro sobre o amor, pero tamén un libro sobre a amizade. Reserva especial é un convite para gozar dos momentos memorables, aqueles que fican agachados nalgures para, de súpeto, xurdir asociados a un olor, un sabor, unha canción ou unha paisaxe. Constitúen a esencia dese auténtico triángulo sentimental —viño, amizade, amor— que subministra as necesarias reservas para lle facer fronte ao paso do tempo. Os relatos de Trigo acaban por debuxar o percorrido sentimental dun personaxe, o narrador, que nos envolve nuha prosa chea de matices, da que xorden experiencias asociadas á lembranza de diferentes tipos de viño e de historias relacionados co seu cultivo ou cos lugares onde se conserva e se gorenta. Dun a outro relato, vaise trazando o retrato dun tempo e dunha xeografía que o lector ou lectora ha acabar por facer seus. É a consecuencia da arte literaria, que o autor sabe dosificar en gulapos saborosos ao longo de toda esta Reserva especial da que, a partir de agora, tamén imos ser catadores privilexiados.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788482887081

Idioma: Gallego

Número de páginas: 176
Tiempo de lectura:
4h 7m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/10/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xose Manuel Garcia Trigo


Descubre más sobre Xose Manuel Garcia Trigo
Recibe novedades de Xose Manuel Garcia Trigo directamente en tu email

Opiniones sobre RESERVA ESPECIAL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana