leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego REXURDIMENTO, A PALABRA E A IDEA

Edicións Xerais - 9788491215660

Estudios literarios Géneros literarios

Sinopsis de REXURDIMENTO, A PALABRA E A IDEA

O profesor Anxo Angueira reflexiona nesta obra sobre a configuración e a evolución da palabra «rexurdimento», así como sobre o que esta etapa significou para a lingua, para a literatura e para a sociedade galega.

«Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea. Para iso estúdase a xénese do modelo historiográfico que está detrás do concepto (a «Renaissance» de Jules Michelet), así como a evolución e cronoloxía da palabra «rexurdimento» e o seu triunfo relativamente recente, xunto coa expresión «Séculos escuros», sobre outras alternativas. Para isto, pártese do modelo crítico «Le mot et l''idée» de Lucien Febvre, xa aplicado en Italia e Cataluña ós conceptos de «Risorgimento» e «Renaixença», movementos cos que o «Rexurdimento» se compara. Do máis revelador é o estudo do período 1916-1936, do que o profesor Anxo Angueira ofrece novas conclusións á luz da singular peripecia tanto da palabra «rexurdimento» como da idea e do modelo que leva aparellados, a partir especialmente da análise das obras de Antonio Villar Ponte, Vicente Risco e os daquela mociños Carballo Calero e Fernández del Riego. Tamén o é o estudo que se fai do tópico que vincula o Rexurdimento co romanticismo e o papel de Sarmiento, clave na emerxencia política, cultural e literaria da Galicia contemporánea.«Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea. Para iso estúdase a xénese do modelo historiográfico que está detrás do concepto (a «Renaissance» de Jules Michelet), así como a evolución e cronoloxía da palabra «rexurdimento» e o seu triunfo relativamente recente, xunto coa expresión «Séculos escuros», sobre outras alternativas. Para isto, pártese do modelo crítico «Le mot et l''idée» de Lucien Febvre, xa aplicado en Italia e Cataluña ós conceptos de «Risorgimento» e «Renaixença», movementos cos que o «Rexurdimento» se compara. Do máis revelador é o estudo do período 1916-1936, do que o profesor Anxo Angueira ofrece novas conclusións á luz da singular peripecia tanto da palabra «rexurdimento» como da idea e do modelo que leva aparellados, a partir especialmente da análise das obras de Antonio Villar Ponte, Vicente Risco e os daquela mociños Carballo Calero e Fernández del Riego. Tamén o é o estudo que se fai do tópico que vincula o Rexurdimento co romanticismo e o papel de Sarmiento, clave na emerxencia política, cultural e literaria da Galicia contemporánea.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491215660

Idioma: Gallego

Número de páginas: 304
Tiempo de lectura:
7h 13m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/09/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 1.9 cm
Peso: 520.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Anxo Angueira


Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: «Val de Ramirás» (1989), «O valo de Manselle» (Xerais, 1996), «Bágoas de facer illas» (Xerais, 1997), «Libro da Vertixe» (1997), «Pensa nao» (Premio Xerais de Novela 1999), «Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro» (2002), «A morte de A.» (Xerais, 2003), «Fóra do sagrado» (Xerais, 2007) e «Iria» (Xerais, 2012). Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: publicou «Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento» (2013), realizou as edicións críticas de «Cantares gallegos», «Follas novas» e «En las orillas de Sar» e publicou diferentes traballos sobre Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales. Desde 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro. Fotografía do autor: Anxo Cabada.
Descubre más sobre Anxo Angueira
Recibe novedades de Anxo Angueira directamente en tu email

Opiniones sobre REXURDIMENTO, A PALABRA E A IDEA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana