A voz poética de Manuel Álvarez Torneiro necesita espazo porque arrastra ecos dunha memoria en permanente estado
de alerta. Rigorosamente humano ergue, cos cachotesdo tempo, un castelo onde o corazón aprende a facerse forte.
Este poemario é un refuxio de sílabas e de cores, de filmese de melodías; desde o efémero, certamente, e contra
o efémero, asemade; canda os beatos de Cluny e Bache Leopardi; e tamén con nosoutros todos, os seus lectores agradecidos por tanta alquimia lírica.
Reina nestas páxinas, feramente oceánica e rigorosamente humana, a beleza convocada sempre e máis despois.A beleza como nación do poema
A beleza, ese espazo necesario, ese proxecto ou expectativade remedio curativo, ese interior de auga que se pensa na sede, como reza nun dos fermosos poemas deste libro que a colección Tambo rescata na súa versión definitiva agora, 20 anos despois
da súa primeira publicación, tras recibir o Premio Esquío.