RÍO MIÑO. UNHA VIAXE ENTRE SOLSTICIOS
Unha viaxe entre solsticios
Sinopsis
Durante seis meses, entre os solsticios de inverno e de verán, Xesús Fraga
percorreu o curso do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, ata a súa desembocadura no océano Atlántico, cruzando tres das catro provincias do país e a beira norte de Portugal. Nesta viaxe natural e contemplativa, narrada con concisión e enxeño, o narrador
convídanos a acompañalo polo fluxo dos regatos do río primordial de
Galicia, pero tamén polas terras que o abranguen, como a Terra Chá, Lugo,
Paradela, a Ribeira Sacra, Os Peares, Ourense ou Castrelo de Miño.
Mesturando un estilo tan lírico como documentado, a narración de Fraga non se limita á dimensión natural do Miño, senón que inclúe o histórico,
cultural e sentimental, irmandando escenarios, paisaxes, voces e testemuños únicos, e reflexionando sobre o pasado, presente e futuro tanto do río como do noso país. Río Miño. Unha viaxe entre solsticios é tanto un
redescubrimento da «columna vertebral, física e simbólica de Galicia» como unha evocación sobresaínte da paisaxe que convida á reflexión.
Esta obra foi recoñecida co XVIII Premio Eurostars de Narrativa de Viaxes.
Ficha Técnica
Editorial: Faktoría K de Libros
ISBN: 9788419213488
Idioma: Gallego
Número de páginas: 216
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/11/2023
Año de edición: 2023
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Xesús Fraga directamente en tu email
Reseñas sobre RÍO MIÑO. UNHA VIAXE ENTRE SOLSTICIOS
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
1 Reseña
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
hace 2 años
O libro, como anticipa o seu autor, sitúa a quen o le nunha suxestiva e cautivadora viaxe pola Galicia que abraza a montaña e o mar, transitando polas pequenas aldeas e as cidades, as lendas e as realidades. O Miño é moito mais que un río.
Los libros más vendidos esta semana