O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río. Un Riofero de lendas e pantasmas. Un Riofero de humanos que tornan feras e vidas que esvaen ata converterse en sombras. Con Riofero, Xelís de Toro, lánzase na compaña dunha curiosa tropa de personaxes na búsqueda do crisol da literatura, a maxia, o secreto talismán, en palabras do autor "eu apuntar apuntei ao corazón da literatura, mais era de noite e a besta movíase, pero eu apuntar apuntei e disparar disparei, iso é o único que importa".O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río. Un Riofero de lendas e pantasmas. Un Riofero de humanos que tornan feras e vidas que esvaen ata converterse en sombras. Con Riofero, Xelís de Toro, lánzase na compaña dunha curiosa tropa de personaxes na búsqueda do crisol da literatura, a maxia, o secreto talismán, en palabras do autor "eu apuntar apuntei ao corazón da literatura, mais era de noite e a besta movíase, pero eu apuntar apuntei e disparar disparei, iso é o único que importa".
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497829472
Idioma: Gallego
Número de páginas: 248
Tiempo de lectura:
5h 52m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/01/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 374.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por XELIS DE TORO
Xelís de Toro (1962, Santiago de Compostela). Publicou os seguintes libros de narrativa: «Seis cordas e un corazón», 1989 (co pseudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), novela, Premio Compostela Cultural; «Non hai misericordia» (1990, Xerais 2003), relatos, Premio Narrativa Cidade de Lugo; «Terminal» (1994); «Os saltimbanquis no paraíso» (1999), novela, Premio San Clemente 2000; «The Corunna boats» (Xerais 2004), novela; «Riofero» (Xerais 2009), novela; Etceteramente (Xerais 2022), novela; «O gato fantasma» (Xerais 2013), novela infantil; «A porta dourada» (Xerais 2018), novela infantil, e «Paco Peco pequeneiro e o lagarteiro miope» (Xerais 2021), conto infantil. Mantén na rede o espazo http://laboratoro.net/