📗 Libro en gallego ROSALIA DE CASTRO. IMAXE E REALIDADE

A REPRESENTACIÓN ICÓNICA DE ROSALÍA A PARTIR DE PINTURAS, DEBUXOS E OUTRAS TÉCNICAS ARTÍSTICAS

Edicións Xerais - 9788499145655

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de ROSALIA DE CASTRO. IMAXE E REALIDADE

Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente. A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse as súas múltiples facetas (Rosalía a lapis e a óleo; Rosalía en cor ou en branco e negro; Rosalía como retrato realista ou caricatura; Rosalía como musa ou como símbolo...), procurando conxugar a calidade do retrato co seu carácter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia máis alá dos lugares comúns preponderantes nos últimos anos.Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestión dispoña dun repertorio útil e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos. Todo o material icónico que xerou a poeta contribuíu e contribúe a que a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto é importante, pero o máis interesante do «fenómeno Rosalía» é que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dúbida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente. A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse as súas múltiples facetas (Rosalía a lapis e a óleo; Rosalía en cor ou en branco e negro; Rosalía como retrato realista ou caricatura; Rosalía como musa ou como símbolo...), procurando conxugar a calidade do retrato co seu carácter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia máis alá dos lugares comúns preponderantes nos últimos anos.Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestión dispoña dun repertorio útil e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos.Todo o material icónico que xerou a poeta contribuíu e contribúe a que a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto é importante, pero o máis interesante do «fenómeno Rosalía» é que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dúbida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499145655

Idioma: Gallego

Número de páginas: 208
Tiempo de lectura:
4h 54m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/01/2014

Año de edición: 2014

Plaza de edición: Es

Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES

Número: 84
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 600.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Fernando Pereira Bueno


Fernando Pereira Bueno, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia da Arte, traballou como profesor de Ciencias Sociais na Educación Secundaria en Vigo. Os seus estudos relaciónanse fundamentalmente coa historia das ensinanzas e institucións artísticas na nosa comunidade e coa historia das mulleres galegas no período contemporáneo. É coautor de varias publicacións sobre o tema, entre as que destacan: «Historia de la Escuela de Artes y Oficios de Santiago de Compostela» (1988), «El origen de las Escuelas de Artes y Oficios de Galicia: el caso compostelano» (1990), «Un testimonio sobre los comienzos de la enseñanza académica del dibujo en Galicia» (1993), «O ensino das Artes »(1997). Tamén é autor de «A presenza das mulleres pintoras na arte galega: 1858-1936» (2004) e «Rosalía de Castro, imaxe e realidade» (Xerais, 2014), sobre a representación icónica da poeta a partir de pinturas, debuxos e outras técnicas artísticas. «A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)» (Xerais, 2024) é o seu libro máis recente.
Descubre más sobre Fernando Pereira Bueno
Recibe novedades de Fernando Pereira Bueno directamente en tu email

Opiniones sobre ROSALIA DE CASTRO. IMAXE E REALIDADE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana