📗 Libro en gallego SEDNA, A DEUSA DO MAR

XERAIS- 9788497822572

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de SEDNA, A DEUSA DO MAR

Nunavut -a nena protagonista de "Sedna, a deusa do mar", a cuarta entrega da serie "As Aventuras de Nunavut" de Xoán Abeleira- pertence a un dos pobos máis lendarios da Terra, os "inuit" ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións e cunha peculiar cultura onde o real e o suprarreal están intimamente vencellados. Mais Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para todas as comunidades árticas.Esta cuarta entrega da serie iníciase nun verán que se amosa benigno pero no que escasea a pesca. No outono o mar comezara a xearse antes do que adoitaba o que significaba que o inverno se ía adiantar. Para sobrevivir, homes e mulleres, terían que saír a cazar baleas. Mentres tanto, os rapaces debían quedar cos anciáns e Nunavut irá a carón de Mamá Helga, a persoa que mellor coñecía as lendas da aldea. "Sedna, a deusa do mar", será unha desas lendas fundacionais da sociedade "inuit".Nunavut -a nena protagonista de "Sedna, a deusa do mar", a cuarta entrega da serie "As Aventuras de Nunavut" de Xoán Abeleira- pertence a un dos pobos máis lendarios da Terra, os "inuit" ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións e cunha peculiar cultura onde o real e o suprarreal están intimamente vencellados. Mais Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para todas as comunidades árticas.Esta cuarta entrega da serie iníciase nun verán que se amosa benigno pero no que escasea a pesca. No outono o mar comezara a xearse antes do que adoitaba o que significaba que o inverno se ía adiantar. Para sobrevivir, homes e mulleres, terían que saír a cazar baleas. Mentres tanto, os rapaces debían quedar cos anciáns e Nunavut irá a carón de Mamá Helga, a persoa que mellor coñecía as lendas da aldea. "Sedna, a deusa do mar", será unha desas lendas fundacionais da sociedade "inuit".

Ficha técnica


Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano

Editorial: Xerais

ISBN: 9788497822572

Idioma: Gallego

Número de páginas: 72

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/04/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es
Peso: 135.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XOAN ABELEIRA


Xoán Abeleira, fillo de emigrantes galegos, nace en Maracay, Venezuela, en 1963. Aos dez anos instálase coa súa familia en Madrid, onde cursa diversos estudos e se inicia como poeta, narrador, tradutor, xornalista, músico, guionista e director teatral. En 1999, decidido a comprometerse ética e profesionalmente coa lingua e mais a cultura dos seus, trasládase a Galicia. Desde entón publicou en galego dous poemarios (Animais Animais e As nosas sombras no Xardín de Serralves), un ensaio lírico e fotográfico verbo do artista Manfred Gnädinger (A pegada de Man, Xerais 2006 ), os catro primeiros volumes da serie para nenos As aventuras de Nunavut (Xerais, 2003) , dúas traducións (Porca terra, de John Berger, e O viaxeiro astral, de Jack London) e un cento de artigos e colaboracións nos xornais El País, La Opinión de A Coruña e Galicia Hoxe. Arestora coordina o proxecto multidisciplinar Fuso Negro e participa nas accións do Grupo Surrealista Galego.
Descubre más sobre XOAN ABELEIRA
Recibe novedades de XOAN ABELEIRA directamente en tu email

Opiniones sobre SEDNA, A DEUSA DO MAR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana