En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fronte ao paso de peóns situado diante do hotel dos seus pais, xusto aquel día, pareceulle unha broma pesada. Outro máis dos enigmas incrustados nas paredes do antigo edificio, baixo as vellas fotografías de Bico que decoran os cuartos e os corredores. A chegada de Antón e os seus pais, xunto coa aparición dunha nota entre os libros do tío Paco, axudaranlle a comprender os segredos que garda o hotel e a desvelar as razóns de tan estraño atropelo. Unha engaiolante novela de intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía dos erros pasados e as violencias visibles, e tamén invisibles, que sofren as mulleres.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491213277
Idioma: Gallego
Número de páginas: 200
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 08/03/2018
Año de edición: 2018
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Número: 174
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 222.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre SEGREDOS NO SOLPOR
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!