Sinopsis de SIGUEME!: UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO
Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namórase dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para estaren xuntos quédalles un longo camiño por percorrer.
O autor, con gran sentido do humor, crea un personaxe entrañable, capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro. Que non ten nada de raro!