O avó Breixo acaba de morrer. A súa neta María lémbrao aproveitando os fíos de néboa que permanecían na memoria del, recuperando as andanzas súas, da avoa Xona e demais membros da familia. Dálles voz e déixaos que falen de cadaquén. O resultado ás veces é «delicado». Con humor rentranqueiro, a narradora percorre historias, anécdotas e soños da sú saga familiar.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Elvira
ISBN: 9788412056228
Idioma: Gallego
Número de páginas: 224
Tiempo de lectura:
5h 17m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/08/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: Es
Especificaciones del producto
Escrito por Amadeo Cobas
Amadeo Cobas naceu en Noia (A Coruña). Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Escribe en castelán e galego. Ten publicados os seguintes libros en solitario: "Un amigo en el Galacho" (2001), "Contos de viaxe" (2002), "Miranda", (2004), "Pasar a la posteridad" (2005), "As pantasmas sodes do que non hai" (2007) e "A cacería" (Xerais, 2016), Vº premio de novela curta "Cidade centenaria de Riveira". Ten publicados os seus textos en obras colectivas como "Alma de Beiramar" (2003), "Historias de Loarre" (2005), "Aragón: ríos de arte" (2006), "Monegros" (2006), "Historias para catar", (2006), "A doenza da paisaxe" (2007) e "Ducha escocesa" (2008). Articulista en diversas revistas culturais, foi colaborador dos suplementos de crítica literaria dos xornais "Heraldo de Aragón" (Artes y Letras), "Diario de Teruel" (El Parnaso) e na actualidade do blog de crítica literaria "La tormenta en un vaso". Acadou varios galardóns literarios, como o premio no VII Certamen de Relatos "Tierra de Monegros", de Huesca, a mención honorífica na modalidade de conto do Premio Platero 2005, en Ginebra (Suiza) ou o accésit de poesía no X Certamen Manuel Oreste Rodríguez, de Paradela (Lugo). É membro fundador da Asociación Cultural Catropatacos.