Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha síntese. Ás veces a mellor escolla é o silencio. Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado título leva a describir todas as perdas, a do espazo e a do tempo, a das coordenadas físicas da infancia nese lugar que xa non será posible se non é a través da palabra e da memoria deformadas pola brétema dos días. Un libro de facer memoria para atopar o inicial e o esencial: as orixes, o xermolo e a raíz, a transición e o transplante, o medrar no dislocado, desposuído xa, sendo o poema a única pegada que ficará despois de que as desaparicións sexan totais e non haxa máis forma de sobrevivir que o intanxible.Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha síntese. Ás veces a mellor escolla é o silencio. Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado título leva a describir todas as perdas, a do espazo e a do tempo, a das coordenadas físicas da infancia nese lugar que xa non será posible se non é a través da palabra e da memoria deformadas pola brétema dos días. Un libro de facer memoria para atopar o inicial e o esencial: as orixes, o xermolo e a raíz, a transición e o transplante, o medrar no dislocado, desposuído xa, sendo o poema a única pegada que ficará despois de que as desaparicións sexan totais e non haxa máis forma de sobrevivir que o intanxible.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499149356
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/11/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.4 cm
Peso: 78.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre S/T
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!