Henrique Rabuñal estuda e edita a obra dramática de Luísa Villalta, incluída a peza inédita "Os pasos contados". O teatro ocupa un lugar moi relevante na súa biografía. Lectora e espectadora de teatro, estudosa do "Hamlet" de Cunqueiro, editora e tradutora, cómplice de autores e autoras, actores e actrices. O seu teatro evoluciona desde o simbolismo e expresionismo a textos onde o feminismo, e tamén a ollada crítica sobre a sociedade, están moi presentes e seguen a ser actuais.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411763196
Idioma: Gallego
Número de páginas: 294
Tiempo de lectura:
6h 59m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/07/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Teatro
Teatro
Número: 10
Alto: 21.1 cm
Ancho: 13.6 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 382.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Luísa Villalta
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. A súa obra dramática reúnese en Teatro completo (Galaxia, 2024), e as narracións, Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), en Narrativa reunida (Galaxia, 2024). Como ensaísta publicou O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), O outro lado da música, a poesía (1999; Galaxia, 2021) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024), ademais de Narrativa inédita e dispersa (Galaxia, 2024).