📗 Libro en gallego TEATRO DE PINTOR

EDICIONS FERVENZA - 9788417094904

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de TEATRO DE PINTOR

Que a obra literaria de Vázquez Pintor sexa eminentemente poética non empece a visita do autor a outros xéneros, entre eles o teatral, que vemos hoxe reunido nesta fermosa antoloxía titulada "Teatro de Pintor", para indicar, talvez, unha certa condición pictórica das dez pezas, ou cando menos a súa plasticidade, que as torna máis abertas, máis respirábeis. Da lectura das pezas contidas neste volume deducimos, en primeiro lugar, que son a obra e o traballo dun poeta, pola escolla de argumentos, linguaxes e espazos, mais tamén polas paradas metáforicas en temas e accións que denotan a vocación precisa dun director de escena.

Ficha técnica


Editorial: Edicions Fervenza

ISBN: 9788417094904

Idioma: Gallego

Número de páginas: 229
Tiempo de lectura:
5h 24m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 10/02/2020

Año de edición: 2019


Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Vázquez Pintor


Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide (A Coruña) o 30 de novembro de 1946 e reside en Cangas desde o ano 1972. É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio, o xornalismo e a literatura infantil e xuvenil. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No ámbito da narrativa publicou De ida e volta (1975), Lume de biqueira (Xerais, 1999), Quen faga voar (Premio Carvalho Calero, 2000), A memoria do boi (Xerais, 2001, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica Española), Mar de bronce (Xerais, 2003), Para dicir abril (Premio Cidade de Ourense, 2007), Máis vidas (2009) e Antípodas (Xerais, 2015). Como poeta destaca por Gándaras (1971), O espertar tamén é noso (1977), Ofidios de diario (Premio Eduardo Pondal, 1984), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense, 1989), No corazón mancado (1989), Rotación violeta (1996), Banzados (2000) ou Seara (obra poética 1971-2011). Como autor teatral publicou, entre outros, A parroquia (finalista do Premio Abrente), A fraga encantada (1987), Sala de espera (1990), A sombra da memoria (1999), Teatro do patacón-Os pés do vento (2008). Como ensaísta destacan Os vellos oficios (Xerais, 1996), A tribo sabe (Xerais, 1999), Tal era vivir (Xerais, 2004) e A Terra do Medio (2009).
Descubre más sobre Xosé Vázquez Pintor
Recibe novedades de Xosé Vázquez Pintor directamente en tu email

Opiniones sobre TEATRO DE PINTOR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana