📗 Libro en gallego TRES DESEXOS (GALLEGO)

OQO EDITORA - 9788496788633

Infantil 5 a 6 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de TRES DESEXOS (GALLEGO)

Soñar en noites de lúa, trae fortuna. Podedes pedir tres desexos, dicía o misterioso papel que se coou pola cheminea, cando os velliños estaban a asar un anaco de pan. Dentaduras de ouro, traxes elegantes, un palacio de diamantes… Que difícil escoller…! Entón a velliña cavilou que cun chourizo metido no pan, pensaría mellor. E, de repente… zas!, velaí un chourizo. Acababa de malgastar o seu primeiro desexo! Cantos soños caben en tres desexos? Este conto, adaptado da tradición oral portuguesa, fálanos do poder dos soños, da sorte que aparece e desaparece, caprichosa diante de nós, e de que mentres teñamos afecto e soños por cumprir, seremos felices. Son moitas as variantes que esta historia presenta segundo o país; en Inglaterra, no canto dun chourizo, o elemento que se lles aparece aos anciáns e acaba por substituír as riquezas soñadas é un pudin de chocolate. Tamén existe unha variante portorriqueña que nos presenta unha avoa, que tras desbaldir un desexo, ve como o seu marido pide que lle saian orellas de burro. Gabriel Pacheco colabora cunhas ilustracións de gran poder evocador. De principio a fin, xoga cos recursos escénicos e introduce elementos que aumentan a carga simbólica do texto: como o xogo da lúa, que co seu nobelo tece e destece a fortuna dos protagonistas, as chaves, as pechaduras… Relevante é tamén a escolla das cores, recurso chave, en relación coas emocións e co momento —real ou desexado— representado. Textos de Eva Mejuto, a partir dun conto tradicional portugués Ilustracións de Gabriel Pacheco

Ficha técnica


Ilustrador: Gabriel Pacheco

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788496788633

Idioma: Gallego

Número de páginas: 36

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/06/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Es
Peso: 470.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Eva Mejuto


Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. Foi docente durante dez anos no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e fixo a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais para formato álbum ilustrado, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas ''22 segundos'' (2017), ''Memoria do silencio'' (2019), ''A ladroa da biblioteca de Meirás'' (2022), coas cales quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, así como a novela infantil O día que choveron gatos (2023) (obra finalista do Premio Merlín en 2022) e o álbum ilustrado por Víctor Rivas ''Dez gatiñas viaxeiras'' (2019). Xunto á ilustradora Bea Gregores publicou os álbums ''A lavandeira de San Simón'' (Xerais, 2020) e ''Cando leo'' (Xerais, 2022). En 2025 publica xunto con Lucía Cobo, o álbum "Sei cantar e sei bailar" e mais a obra coa que gaña en 2024 o VIII Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade: ''Queco e Kika" (Xerais, 2025).
Descubre más sobre Eva Mejuto
Recibe novedades de Eva Mejuto directamente en tu email

Opiniones sobre TRES DESEXOS (GALLEGO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana