OQO EDITORA- 9788496788077
As tres irmás Fernández non coñecían outro oficio que o de roubar. Oculta, a máis vella, escondía todo o roubado e vivía como unha miserenta; Lucía, a mediana, cos seus ladroízos vivía como unha artista de cine; Xusta, a máis nova, só se apropiaba do necesario para vivir. As tres tiñan unha obsesión: brillar máis que o sol. E, para conseguilo, intentaron todo: deitáronse espidas sobre xoias, roubaron a auga dun regato, bañáronse espidas á luz da lúa…
Txabi Arnal tráenos unha divertida historia, na que o humor e a ironía teñen un especial protagonismo. As tres irmás ladroas, no seu obsesivo desexo por acumularen riquezas, cobizan o imposible. Nin o ouro, nin as máis luxosas xoias colman os seus delirios de grandeza, pero todo cambiará cando Oculta, Lucía e Xusta descubran que non é ouro todo o que reloce, e que só o afecto e a tenrura farán brillar de verdade os seus corazóns (máis, aínda, que o sol do verán).
Elena Odriozola, pola súa parte, crea unhas imaxes de gran delicadeza, co trazo sutil que caracteriza xa o seu traballo. Executa, ademais, atractivos xogos conceptuais cos personaxes, as escenas e as distintas composicións. No seu especial tratamento das texturas, incorpora o cromatismo en toda a súa simboloxía e unha particular arquitectura das imaxes, que xoga cos paralelismos entre as distintas ilustracións. Ofrécelle así ao lector a súa particular interpretación da historia. Cómpre lembrar, por último, que Elena Odriozola recibiu no 2006 o segundo Premio Nacional de Ilustración pola obra A princesa que bocexaba a todas horas.
Texto de Txabi Arnal
Ilustracións de Elena Odriozola
Tradución do castelán de Marisa Núñez
Especificaciones del producto
Escrito por Txabi Arnal Gil
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!
Tapa dura
Jennifer L. Armentrout