📗 Libro en gallego TRES TREBONS

Edicións Xerais - 9788497823272

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de TRES TREBONS

"Tres trebóns" de Xurxo Souto reúne cinco relatos ("As fontes de Compostela", "A pesca do Mar-rau", "Aldea terremota", "A voda máis bonita do mundo" e "A marabilla de Barna") presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Para Fran Alonso, autor do limiar, "estas historias están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazón. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos"."Tres trebóns" de Xurxo Souto reúne cinco relatos ("As fontes de Compostela", "A pesca do Mar-rau", "Aldea terremota", "A voda máis bonita do mundo" e "A marabilla de Barna") presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Para Fran Alonso, autor do limiar, "estas historias están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazón. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos".

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497823272

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/07/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.1 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 256.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xurxo Souto


XURXO SOUTO (1966). Terrícolo redondo. Naceu na Coruña, cidade-barco, mais nada sabía das cousas do mar. Así que comezou a preguntar e a compartir polo medio que for tanta descuberta. No ano 1999 gravou cos Diplomáticos de Monte-Alto o CD «Capetón», nome en galego do mar de Cape Town, na fin de África. En 2006 dirixiu o programa «Mil Ribeiras», na Radio Galega. Escribiu «Contos do mar de Irlanda» (Xerais, 2014) e a novela «A gran travesía de Chiruca Macallás» (Xerais, 2018). Dúas décadas despois da súa aparición, recuperamos (en clave celebración) a primeira parte deste libro: «O retorno dos homes mariños» (Xerais, 1999, 2020), o relato dunha verdadeira iniciación oceánica. Porque, como dixo Staffan Mörling: «Non vivimos na fin da Terra, nós vivimos no centro do Mar». "Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024) é a súa última obra. (Foto do autor: Sofía de Labañou)
Descubre más sobre Xurxo Souto
Recibe novedades de Xurxo Souto directamente en tu email

Opiniones sobre TRES TREBONS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana