"Tres trebóns" de Xurxo Souto reúne cinco relatos ("As fontes de Compostela", "A pesca do Mar-rau", "Aldea terremota", "A voda máis bonita do mundo" e "A marabilla de Barna") presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da musica da repichoca. Para Fran Alonso, autor do limiar, "estas historias estan cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de musica e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixon, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal e o pulso dun pais novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazon. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que construe asumindo o mellor da tradicion, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a musica e a mitoloxia coma se fosen unha unica cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das suas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos"."Tres trebóns" de Xurxo Souto reúne cinco relatos ("As fontes de Compostela", "A pesca do Mar-rau", "Aldea terremota", "A voda máis bonita do mundo" e "A marabilla de Barna") presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da musica da repichoca. Para Fran Alonso, autor do limiar, "estas historias estan cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de musica e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixon, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal e o pulso dun pais novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazon. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que construe asumindo o mellor da tradicion, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a musica e a mitoloxia coma se fosen unha unica cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das suas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos".
Ver más