Rematou o curso, e María e o seu irmán gozan xa das vacacións. Na contorna do seu barrio descobren un cerrado no que pacen varios cabalos. Son do tío Xerardo, un xitano vello que axiña satisface os devezos da rapaza por subir neles. Días despois aparece por ese prado unha burriña extraviada. O coidado do animal e a enfermidade do ancián mudarán o seu lecer.
Ficha técnica
Ilustrador: Patricia Metola Bouzo
Editorial: Tambre
ISBN: 9788488681706
Idioma: Gallego
Número de páginas: 102
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 13/09/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Zaragoza
Número: 15
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier López Rodríguez
Xavier López Rodríguez (1956) naceu na aldea arraiana de San Ciprián de Hermisende (Zamora). Xornalista de profesión, reside e traballa en Santiago de Compostela desde 1985. Traballou en periódicos como El Correo de Zamora, El Norte de Castilla, Diario de Galicia e Diario 16 de Galicia. En castelán publicou Retrato de viejo con chupete (1988) e El clan de los sonámbulos (1991). Comezou a publicar libros en lingua galega en 1993 con Outros heroes, unha dura crónica sobre as víctimas das drogas. Xa no eido da narrativa publicou a continuación A citación (1995), Coma unha pluma liviá (1995), Días de desterro (Xerais 1996), Linguas longas (1998), Brumoso (Xerais 1998), O neno que matou a Deus (1998), Noitebra (Xerais 1999), Un burro hippy (2000), Catro pitas (2000), Amigo medo (2002), Castiñeiro e compaña (2003), Destrucción (Xerais 2003), finalista do Premio Xerais de Novela 2003 e Lixo (Xerais 2009), relatos e novelas dirixidos aos lectores e lectoras infantís, xuvenís ou adultos.