📗 Libro en gallego UN LIBRE FAVOR

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491513315

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de UN LIBRE FAVOR

Que lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa. Non esa poesía que está dentro dunha urna e non se pode tocar. Ao contrario, a sensación da apalpar algo maleable e ao tempo firme, sereno e desacougante, inasible e propio. A sensación dunha apropiación que non é propiedade. Poesía cun ton e unha intención, cunha forma e unha música que, con distorsións e melodías varias, se escoita como tal. A materia poética como iso que podemos tocar e nos afecta mais do que non nos podemos apropiar. Esa é a finalidade dos obxectos: deixar de amosarse como un mecanismo puro, darse a quen os contempla, a quen por iso parecen facerlle un favor libre, desinteresado. A beleza á o indicio desa relación.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491513315

Idioma: Gallego

Número de páginas: 116

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/05/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Dombate (Poesía)

Número: 84
Alto: 22.0 cm
Ancho: 12.2 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Chus Pato


Chus Pato
Chus Pato (Ourense, 1955) é poeta. Académica de número da Real Academia Galega, é vogal do padroado da Fundación Euseino?, pertence á directiva do padroado da Fundación Rosalía de Castro e ao padroado da Fundación Uxío Novoneyra. Publicou os seguintes libros: «Urania» (1991), «Heloísa» (1994), «Fascinio» (1995), «Nínive» (Xerais, 1996, Premio Losada Diéguez), «A ponte das poldras» (1996), «m-Talá» (Xerais, 2000), «Charenton» (Xerais, 2003), «Hordas de escritura» (Xerais, 2008, Premio Nacional da Crítica, Premio Losada Diéguez e Premio Mondoñedo10), «Secesión» (2009), «Carne de Leviatán» (2013, Premio Irmandade do Libro), «Un libre favor» (2019) e «Sonora» (Xerais, 2023), Premio Nacional de Poesía 2024. A Erín Moure débenselle os seguintes volumes con traducións ao inglés: «From m-Talá» (Nomados, 2003), «Charenton» (Shearsman Books & BuschekBooks, 2007), «m-Talá» (Shearsman Books & BuschekBooks, 2009), «Hordes of writing» (Shearsman Books & BuschekBooks, 2011), «Secession/Insecession» (2014), «Flesh of Leviatan» (Omnidawn Publishing, 2016) e «The Faces of the Quartzes» (Veliz Books, 2021). Ao español ten traducidas: «Un Ganges de palabras», antoloxía bilingüe galego-español preparada por Iris Cochón (CEDMA, Puerta del Mar, 2003), «Heloísa» (trad. Xosé Manuel Trigo, Ediciones La Palma, 1998), «m-Talá» (trad. Teresa Arijón e Bárbara Belloc, Pato-en-la-cara, 2009), «Hordas de escritura» seguido de «Secesión» (Amargord, 2013), «Carne de Leviatán» (Amargord, 2016), «Poesía reunida» (en 3 volumes: Ultramarinos Editorial, 2017, 2019, 2022). Tradución ao catalán: «Antoloxía» (trad. Gonzalo Hermo e Adrià Targa i Ramos, Universidade de Lleida, 2020). Traducións ao portugués: «Carne de Leviatã» (Douda Correria, Lisboa, 2016) e «Um fémur de voz correo a galope» (antoloxía, Officium Letonis, 2022). Tradución ao búlgaro: «Leviatan i drugi istorii» (trad. Tsvetanka Elenkova, Small Stations, 2016). Tradución ao holandés: «Finisterra» (trad. Mariolein Sabarte, Uitgeverij Perdu, 2017). A poesía de Chus Pato conta, así mesmo, con traducións ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, ao árabe clásico e a outros idiomas, e está incluída en prestixiosas antoloxías de ámbito nacional, estatal e internacional entre as que destacamos: «Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000)» (Lugo, Arturo Casas ed., Tris Tram, 2003), «Pótwysep w wierszach» (Warszawa, Wydawnictwo Ksiazkowe IBIS, 2006), «New European poets» (Saint Paul, Minesota, Wayne Miller and Kevin Prufer, Graywolf Press, 2008), «Poeti spagnoli contemporanei» (Alessandria, Emilio Coco, Edizioni dell´Orso, 2008), «20 canadian poets take on the world» (Ontario, Edited and introduced by Priscila Uppal, Exile Editions, 2009), «To the winds our sails; Iris writers translate Galician poetry» (Dublín, Salmon Poetry, Mary O`Donnell e Manuela Palacios, 2010) e «Contemporany Galician Poets» (A poetry Review Supplement), selected and translated by Jonathan Dunne (2010). Foi invitada aos festivais internacionais de Barcelona, Rosario, A Habana, Bos Aires, Bratislava , Rotterdam e Antwerpen. No ano 2018 a Chus Pato foille concedido o Premio Clara Campoamor e en 2024 o Premio Nacional de Poesía por «Sonora». (Fotografía da autora: Anxo Cabada.)
Descubre más sobre Chus Pato
Recibe novedades de Chus Pato directamente en tu email

Opiniones sobre UN LIBRE FAVOR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana