Novela intensa e chea de matices, un retrato de muller feito desde a emoción que provoca o paso do tempo. A voz narradora é a dunha muller que está de regreso na súa vila natal, despois da morte do seu pai. Laura reflexiona sobre a súa vida mentres planta un magnolio. Esta situación dá orixe a unha delicada peza narrativa coa que Marina Mayoral iniciou a súa traxectoria literaria en lingua galega e que agora ve a súa quinta edición. A vontade de ter unha vida propia, a volta ás raíces e a necesidade de reflexionar sobre a amizade e o amor son os eixos que constitúen unha novela intensa, suxerente e emocionante. Editorial Galaxia vén de publicar Ao pé do magnolio, novela na que a autora pecha o círculo deste apaixonante relato ao dar voz á outra parte, a do personaxe masculino da historia.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788482886800
Idioma: Gallego
Número de páginas: 92
Tiempo de lectura:
2h 6m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/03/2002
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 67
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Marina Mayoral
Marina Mayoral nacida en Mondoñedo, é catedrática de literatura española na Universidade Complutense de Madrid. Entre os seus traballos de investigación e crítica literaria destacan os estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, así como as análises de poesía e prosa contemporánea. Colabora habitualmente en La Voz de Galicia. Publicou en galego os libros de narrativa: Contra morte e amor (Xerais 1987), novela; Unha árbore, un adeus (1988), novela; O reloxio da torre (1988), novela; Chamábase Luís (Xerais 1989, 1999), novela, Premio Losada Diéguez, 1989; Tristes armas (Xerais 1994), novela; Querida amiga (1995, relatos; Premio Losada Diéguez, 1996); Ao pé do magnolio (2004); Case perfecto (Xerais 2007), novela; Quen matou a Inmaculada de Silva? (Xerais 2009), novela; e O anxo de Eva (Xerais 2013), novela. En castelán: Cándida, otra vez (1979), Al otro lado (1980), La única libertad (1982, 2002), Contra muerte y amor (1985), Morir en sus brazos (1989), Recóndita Armonía (1994), Se llamaba Luis (1995), Dar la vida y el alma (1996), Recuerda cuerpo (1998), La sombra del ángel (2000), Tristes armas (2001), Querida amiga (2001), Bajo el magnolio (2004), Sólo pienso en ti (2006), Casi perfecto (2007) e Deseos (2011). Algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués polaco e chinés.