Unha festa sorpresa é un relato acumulativo e encadeado que, partindo dun personaxe inicial, vai sumando correlativamente
outros actores ata un punto no que a orde se invirte e retornaao principio da historia, para acabar reunindo a todos á vez.
Dende o Coello á Ra, pasando polo Bufo, o Esquío, o Parrulo, o Ratoe o Raposo, este álbum para pre-lectores e primeiros lectores
--que recorda o xogo do ruxe-ruxe ou do teléfono avariado--destaca polo seu sentido do humor e a espontaneidado coa que
se aborda a interrelación entre os individuos dunha comunidade.Así, unha confidencia acaba converténdose nun secreto a voces
e dando lugar a unha serie de rocambolescos equívocosque teñen un final feliz.