Oso ten que ir na procura dun traballo mellor, xa non venden cenorias abondas no mercado. Comezar de cero é arriscado, mais non hai outra solución. Ten que deixar atrás a Osa e a Osiña. O cheiro envólveo todo, as risas de Osiña, as cousas da casa. Moito as vai botar de menos. Está canso, apesarado, dubida..., pero ten que ir na busca dunha vida mellor.Oso ten que ir na procura dun traballo mellor, xa non venden cenorias abondas no mercado. Comezar de cero é arriscado, mais non hai outra solución. Ten que deixar atrás a Osa e a Osiña. O cheiro envólveo todo, as risas de Osiña, as cousas da casa. Moito as vai botar de menos. Está canso, apesarado, dubida..., pero ten que ir na busca dunha vida mellor.
Ficha técnica
Ilustrador: Marcos Viso
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499149646
Idioma: Gallego
Número de páginas: 40
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/01/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Merliño
Número: 251
Alto: 21.0 cm
Ancho: 18.5 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 248.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Marcos Viso Dopazo
Marcos Viso (Ourense, 1973) é arquitecto técnico pola Universidade da Coruña, profesión que exerceu ata o ano 2013, cando decidiu dedicarse á ilustración. Despois de terminar o Ciclo Superior de Ilustración na Escola de Arte e Deseño Antón Faílde de Ourense, realizou en 2013 o curso «Taller do A ao Z, realización dun álbum ilustrado», impartido por Jorge Zentner, Mariona Cabassa e Rebeca Luciani en Barcelona. Na actualidade reside en Ourense, onde traballa en varios proxectos persoais de álbum ilustrado e imparte clases de debuxo e ilustración. En Xerais publicou o álbum «Vaite xa!» (2016) e ilustrou os libros «Unha casiña branca» (2015) de Marcos Calveiro, «Todo o tempo do mundo» (2016) de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil, «Avións de papel» (2017) de Xavier Estévez, e "Paseniño, paseniño" de Antonio Garcia Teijeiro. Dá noticia dos seus traballos na web: www.marcosvisoilustracion.com.