VECIÑAS DO HOME: AVES URBANAS DE GALICIA

XERAIS - 9788475077307

Biología Reptiles. Aves. Ornitología

Sinopsis de VECIÑAS DO HOME: AVES URBANAS DE GALICIA

Un cativo correndo tralas pombas. Un vello, tódolos días á mesma hora, botándolles faragullas de pan ós pardais. Unha nai, fermosa e aburrida, sentada nun banco do xardín, sentindo o canto do merlo que trae a primavera. O naturalista que descobre un falcón pequeno acelerando tras dos anduróns. Un rapaz que se pregunta cal é ese paxariño pardo, rechoncho e de cola curta e ergueita que se move polas sebes. E tamén as gaivotas dos basureiros urbanos, que comparten espacio cos gabiáns, os corvos, as pegas ou mesmo as aves dos estanques. ¿Quen son e de onde saen todas estas aves? Veciñas do home. Aves Urbanas de Galicia ofrécelle ó lector unha perspectiva distinta: a de todas esas aves que tamén se moven nese terreo inhóspito, ermo, de rúas e casas, de tráfico e barullo, no que os parques e xardíns funcionan coma un oasis apetecible. Paxaros que se adaptaron a ese medio, e do que algunhas especies aprenderon, mesmo, a sacar innegables vantaxes. Desde os pardais ás pombas, desde as rulas ós corvos, desde as gaivotas ó pimpín, desde o merlo á cegoña, desde a coruxa ós estorniños, desde os peneireiros ó carrizo, desde a pega ó moucho, desde as andoriñas ó gabián. Xa sabemos que existen; agora coñeceremos as súas formas, cores e costumes.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475077307

Número de páginas: 301

Encuadernación: Tapa dura bolsillo

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 1993

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por XURXO DE VIVERO y XOSE CARLOS CASTRO LAXE



Opiniones sobre VECIÑAS DO HOME: AVES URBANAS DE GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana